Resolución dúbidas Universidade

Moitas nais, pais -e incluso alumnado- descoñecemos que bacharelato hai que cursar para poder ir a unha ou outra carreira, que materias deben elixir no bacharelato segundo o que pensen facer despois, os cambios que se produciron na Universidade: como é a selectividade, que carreiras hai na Universidade Galega, en que lugares se pode estudar unha ou outra carreira, etc.

Desde a ANPA consideramos necesario informar ás familias e ao alumnado de todos os cambios producidos.

Para resolver estas e outras dúbidas  podes poñerte en contacto coa presidenta,  Loli Fernández Vázquez, a través dos seguintes correos electrónicos:

anpa.iesagradeleboris@gmail.com

anpa.loliuniversidade@gmail.com