Concerto musical contra a LOMCE en Carballo

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Concerto musical contra a LOMCE en Carballo

Folga contra a LOMCE

A ANPA do IES Agra de Leborís

convócate á folga unitaria do 24 de outubro

contra a LOMCE

Todas e todos somos conscientes que na defensa do Ensino Público loitamos polo futuro das nosas fillas e fillos.

Sabemos que o Ensino Público é a garantía dunha sociedade máis xusta, por iso loitamos contra esta contrarreforma educativa (LOMCE) que incrementa as desigualdades e impide a formación das novas xeracións.

Por iso queremos paralizar esa lei educativa reaccionaria, centralizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antigalega, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino, a través das reválidas, ao alumnado. Estas reválidas terán especial incidencia no alumnado das familias con menos recursos.

Participa na folga contra a LOMCE

o xoves 24 de outubro!

manifestación unitaria contra a LOMCE en:

Carballo: praza do Concello, ás 11:30 h.

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Folga contra a LOMCE

O 24 de outubro FOLGA CONTRA A LOMCE

FOLGA E MANIFESTACIÓNS CONTRA A LOMCE 24 DE OUTUBRO

Para máis información pica aquí

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en O 24 de outubro FOLGA CONTRA A LOMCE

Asemblea Xeral

O vindeiro venres 20 de setembro ás 20:30 horas en 1ª convocatoria  e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís, na Casa da Cultura da Laracha, coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Informe da presidenta sobre o arranque do curso escolar, traballo realizado até a celebración da Asemblea, estado de contas, e aprobación, se procede, do balance económico.

3.- Novas movilizacións contra a LOMCE.

4.- Rogos e preguntas.

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral

Graduado en E.S.O. para adultos

A ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís da Laracha recibíu información sobre clases particulares para adultos, para sacar o título da ESO. As persoas que estean interesadas poden informarse no teléfono que aparece embaixo.

Publicado en Xeral | 1 comentario

Curso 2013-2014

Datas de matriculación:

No mes de setembro os días de matriculación serán o 5 e 0 6 para calquera curso de 08:30 a 14:30 horas.

Calendario de exames:

Exames: 2 e 3 de setembro

Xuntas de avaliación: 4 de setembro

Entrega de notas e sobres de matrículas: 5 de setembro ás 10:00 horas

Reclamacións e matriculacións: 5 e 6 de setembro

 

Horarios dos exames de setembro:

E.S.O.

Bacharelato

 

Libros de texto e material escolar do curso 2013-2014

1º de E.S.O.                              Libros de texto                    Material escolar

2º de E.S.O.                              Libros de texto                    Material escolar

3º de E.S.O.                              Libros de texto                    Material escolar

4º de E.S.O.                              Libros de texto                    Material escolar

1º Bacharelato                         Libros de texto e material escolar

2º Bacharelato                         Libros de texto e material escolar

 

 

 

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Curso 2013-2014

13 de xuño, concentración contra a LOMCE

O vindeiro xoves 13 de xuño haberá unha concentración na praza do concello de Carballo contra a LOMCE, ás 7 da tarde.

Estes actos que se van celebrar en distintos puntos de Galiza están convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

O acto estará dividido en tres partes: actuación musical, recital poético e lectura do manifesto contra a LOMCE.

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en 13 de xuño, concentración contra a LOMCE

Xornada de Loita Contra a LOMCE

A folga do pasado 9 de maio contra a LOMCE foi un éxito. O ensino galego, manifestou co seu apoio masivo á folga o total rexeitamento á LOMCE.  Unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que acaba coa igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

No CEIP Otero Pedrayo da Laracha o seguimento do alumnado foi do 90% e no IES Agra de Leborís do 92%

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Xornada de Loita Contra a LOMCE

Charla sobre a LOMCE na Laracha

 

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A NOVA LEI DE EDUCACIÓN

Que consecuencias terá para as nosas fillas e fillos a nova lei de educación (LOMCE)?

En que van consistir as reválidas?

Como se obterá o título da ESO?

Quen vai poder estudar?

Canto nos vai custar?

Cal vai ser a participación de nais e pais nos centros de ensino?

Para responder a estas preguntas e a todas aquelas que queirades realizar sobre a LOMCE asistide á charla informativa que terá lugar o martes 30 de abril na casa da Cultura da Laracha ás 20:30 horas.

Ponente: María Rei Vilas.

Xefa de estudos no IES Agra de Leborís, licenciada en Bioloxía, DEA en Didáctica e Organización Escolar e membro das ANPAs “Manuel Murguía” e “O Acevo”.

Organizan:

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Charla sobre a LOMCE na Laracha

Peches nos centros de ensino contra a LOMCE e os recortes en educación

A ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís (membro da Federación de ANPAS da Costa da Morte) convídavos a todas e todos ao peche contra a LOMCE, o vindeiro luns 15 de abril a partires das 17 horas, no IES Alfredo Brañas de Carballo.

Os peches nos centros de ensino, convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, faceranse en todo o país durante o mes de abril.

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Peches nos centros de ensino contra a LOMCE e os recortes en educación