Polas fillas dos nosos fillos

Mobilización de Queremos Galego cartaza3maniqg-

A Confederación de ANPAS galegas, da que formamos parte, aprobou a participación na mobilización do vindeiro día 8 de febreiro de Queremos Galego, e nós queremos convidar a todas as familias a participar nela.

Queremos Galego é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo: o galego.

As estatísticas indican a grave situación da nosa lingua: cada vez hai menos xente que fale galego, no ensino impártense menos materias en galego, é difícil atopar filmes, revistas ou xogos en galego…

Necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas.

Temos esperanza e ilusión para transmitir amor á nosa lingua, e para manifestar con orgullo que QUEREMOS GALEGO!!

MANIFÉSTATE POLA LINGUA!!

8 de febreiro ás 12:00

Alameda de Santiago de Compostela

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Polas fillas dos nosos fillos

Subvención 2014

 

Subvención municipal do ano 2014

O Concello da Laracha concedeu á ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís, unha subvención de 900 euros, para este ano 2014.

Esta subvención entra dentro da promoción de actividades educativas, actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de ANPAS ou mesmo polos propios centros educativos. A convocatoria pública de subvencións municipais a entidades culturais, educativas e deportivas, publicouse no BOP (Boletín Oficial da Provincia) de data 25 de abril de 2014.

Con esta subvención a nosa asociación pode financiar algunhas das actividades que realiza, tanto informativas e divulgativas, como de colaboración coas que realiza o propio instituto. Xa estamos preparando a xustificacdión dos gastos realizados para posibilitar o cobro da subvención.

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Subvención 2014

Charla informativa

 

Anpa

CHARLAS INFORMATIVAS

Convidamos a todas as nais e pais á charla informativa:

A FAMILIA COMO CONTEXTO SOCIALIZADOR”

O papel das familias é fundamental para educar, para combater calquera tipo de violencia. As criaturas aprenden dentro da familia a integrar as súas relacións, absorben os xeitos de se comportaren das persoas adultas.

Como pais e nais temos unha gran responsabilidade no establecemento de boas pautas para que as relacións que establezan os nosos fillos e fillas sexan axeitadas.

Consideramos que a coeducación é a fórmula para superar as desigualdades, significando coeducar, educar de acordo con todos aqueles aspectos positivos que se consideren necesarios para calquera persoa, independientemente de se naceu nena ou neno. A desigualdade fomentada é a semente da violencia de xénero.

Onde e a que hora?

Casa da Cultura da Laracha

Venres, 31 de outubro ás 20:00 h

RELATORA: Mª LUISA ABAD, orientadora e autora de numerosas publicacións sobre temas de igualdade

 

 

 

 

 

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Charla informativa

Charla informativa

CHARLAS INFORMATIVAS
“A PRESENZA DOS MENORES NA REDE”

Convidamos a todas as nais e pais a unha charla informativa sobre o uso de internet

Que nos convén coñecer?

• As principais ferramentas que usan as nosas fillas e fillos, principalmente a través do móbil.

• Os principais riscos aos que están expostos.

• As precaucións que se deben tomar.

• O moito positivo que a Rede lles achega.

Onde e a que hora?

Casa da Cultura da Laracha

Venres, 17 de outubro ás 20:00 h

Facilitarase aos asistentes unha serie de recursos on line onde poder afondar na materia.

RELATOR: JORGE CASTRO RUSO, experto en internet

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Charla informativa

Asemblea Xeral Ordinaria

Asemblea Xeral Ordinaria

A ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís

Convoca Asemblea Xeral Ordinaria para o venres 10 deoutubro ás 20:30 horas en primeira convocatoria, e as 21:00 horas en segunda convocatoria, na Aula de Usos múltiples do IES Agra de Leborís, para tratar os seguintes asuntos:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Informe da presidenta sobre o arranque do curso escolar, traballo realizado até a celebración da asemblea, estado de contas, e aprobación se procede do balance económico.

3.- Charlas da Asociación Sociopedagóxica Galega

4.- Rogos e Preguntas.

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Ordinaria

Concentración contra a LOMCE

ACTOS REIVINDICATIVOS CONTRA A LOMCE E CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO
CONCENTRACIÓN EN CARBALLO
A Federación de ANPAS da Costa da Morte, como membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, convoca  unha concentración contra a LOMCE, e contra os recortes no Ensino Público, para o vindeiro mércores día 4 de xuño, ás 19:30 horas,
Esta concentración  contra a LOMCE, a nova lei de educación, é a continuación das distintas mobilizacións levadas a cabo, para intentar parar a implantación desta lei.
É importante a participación das familias nestas mobilizacións, polo que animamos a todas e todos os que poidan, a asistir ás concentracións convocadas
Concentración en Carballo ás 19:30 na praza do Concello

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Concentración contra a LOMCE

 Asemblea Xeral Urxente

Anpa Manuel Murguía do IES Agra de Leborís

Estimadas Familias :

Convocámolos á Asemblea Xeral Urxente do mércores 30 de abril ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e as 20:30 horas en segunda convocatoria, na Casa da Cultura da Laracha, para tratar os seguintes asuntos:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Informe da presidenta

3.- Solicitude da gratuidade dos libros de texto

4.- Rogos e Preguntas

 

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en

II FORO DA FORMACIÓN E A EMPRESA

Dende a Federación de Anpas da Costa da Morte, chéganos información sobre o II Foro da Formación e a Empresa, que nos parece moi interesante para o alumnado e as familias de 3º e 4º da ESO e Bacharelato.
Vaise celebrar en Carballo os días 24 e 25 de Abril organizado por:
-Concello de Carballo.
-IES de Carballo: Alfredo Brañas, Monte Neme e Isidro Parga Pondal.
-Escola Familiar Agraria de Fonteboa (Coristanco).
-Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños (AXOBER).

Coa colaboración de:

-Federación de Anpas da Costa da Morte
-Cámara de Comercio de Carballo
-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Entre os obxectivos deste Fórum están o desexo de mostrar a oferta formativa da comarca e no ámbito galego (Universidade, FP, Escolas Técnicas…) e atender as necesidades de información e orientación de familias e alumnado. Haberá stands, charlas e talleres aos que poden  asistir os pais libremente.

Dado o interese deste evento, invitamos aos pais/nais do alumnado dos últimos cursos da ESO e bacharelato a visitar o Fórum no seguinte horario:

– xoves 24 de abril: de 10:00 a 14:00 h. Tarde: de 16:00 a 20:00 h.
– venres 25 de abril: de 10:00 a 14:00 h

O xoves 24 pola tarde, haberá conferencias moi interesantes para as familias do alumnado que xá está en idade de elexir o mellor itinerario para o seu futuro.
Lugar: FORUM CARBALLO (Instalacións do Concello de Carballo destinadas á formación ocupacional e continuada e a outras actividades de Promoción Económica e do Emprego).

Para máis información: http://www.forumcarballo.org/
anpafontedavella@hotmail.com   Tlf: 644 32 61 32

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en II FORO DA FORMACIÓN E A EMPRESA

Asemblea Xeral Extraordinaria

 

Anpa Manuel Murguía do IES Agra de Leborís

    Estimadas Familias :

    Convocámolos á Asemblea Xeral Extraordinaria do venres 13 de decembro ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e as 20:30 horas en segunda convocatoria, na Casa da Cultura da Laracha, para tratar os seguintes asuntos:

    1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

    2.- Informe da presidenta

    3.- Eleccións á Xunta Directiva

    4.- Rogos e Preguntas

    Contando coa súa asistencia, reciban un cordial saúdo,

A Laracha, 5 de decembro de 2013

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Extraordinaria

Subvención municipal 2013

 

O Concello da Laracha concedeu á ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís, unha subvención de 1000 euros, para este ano 2013.

Esta subvención entra dentro da promoción de actividades educativas, actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de ANPAS ou mesmo polos propios centros educativos. As bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades culturais, educativas e deportivas, publicouse no BOP (Boletín Oficial da Provincia) de data 8 de marzo de 2013.

Esta subvención permite que a nosa asociación financie algunhas das actividades, tanto informativas e divulgativas, como de colaboración coas que realiza o propio instituto, que realiza a ANPA. Xa estamos preparando a xustificación do gasto realizado, e o cumprimento das condicións requeridas, para posibilar o cobro da subvención.

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Subvención municipal 2013