Subvención 2015

Subvención municipal do ano 2015
Neste ano 2015, o Concello de Laracha concedeulle á ANPA Manuel Murguía, do IES Agra de Leborís, unha subvención de 900 euros.
Con esta subvención a nosa asociación pode financiar algunhas das actividades que realiza, tanto informativas e divulgativas, como de colaboración coas que realiza o propio instituto. Xa estamos preparando a xustificación dos gastos realizados para posibilitar o cobro da subvención.
Esta subvención entra dentro da promoción de actividades educativas, actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de ANPAS ou mesmo polos propios centros educativos.

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda a ligazón permanente.