Bolsas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o curso 2015-2016

Publicada a convocatoria de Bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

 

O Ministerio de Educación acaba de publicar a convocatoria de carácter xeral de bolsas para o curso académico 2015/16, (BOE do 6 de agosto de 2015, Resolución do 30/07/2015)

O prazo de presentación é do 7 de agosto ata o 30 de setembro de 2015 para o alumnado de ensino non universitario ( bacharelato, formación profesional, ensino artístico, …)

Teñen toda a información na páxina do Ministerio: http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

A presentación da solicitude faise mediante un formulario on-line dende a propia páxina do Ministerio (http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/becas/2015/presentacion.html). Non hai que presentar documentación, xa que as unidades encargadas da tramitación xa consultan e obteñen da administración todos os datos necesarios para verificar que se reúnen os requisitos xerais, académicos e económicos.

O teléfono de información facilitado polo Ministerio para consultas é 91 327 76 81

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda a ligazón permanente.