Polas fillas dos nosos fillos

Mobilización de Queremos Galego cartaza3maniqg-

A Confederación de ANPAS galegas, da que formamos parte, aprobou a participación na mobilización do vindeiro día 8 de febreiro de Queremos Galego, e nós queremos convidar a todas as familias a participar nela.

Queremos Galego é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo: o galego.

As estatísticas indican a grave situación da nosa lingua: cada vez hai menos xente que fale galego, no ensino impártense menos materias en galego, é difícil atopar filmes, revistas ou xogos en galego…

Necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas.

Temos esperanza e ilusión para transmitir amor á nosa lingua, e para manifestar con orgullo que QUEREMOS GALEGO!!

MANIFÉSTATE POLA LINGUA!!

8 de febreiro ás 12:00

Alameda de Santiago de Compostela

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda a ligazón permanente.