II FORO DA FORMACIÓN E A EMPRESA

Dende a Federación de Anpas da Costa da Morte, chéganos información sobre o II Foro da Formación e a Empresa, que nos parece moi interesante para o alumnado e as familias de 3º e 4º da ESO e Bacharelato.
Vaise celebrar en Carballo os días 24 e 25 de Abril organizado por:
-Concello de Carballo.
-IES de Carballo: Alfredo Brañas, Monte Neme e Isidro Parga Pondal.
-Escola Familiar Agraria de Fonteboa (Coristanco).
-Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños (AXOBER).

Coa colaboración de:

-Federación de Anpas da Costa da Morte
-Cámara de Comercio de Carballo
-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Entre os obxectivos deste Fórum están o desexo de mostrar a oferta formativa da comarca e no ámbito galego (Universidade, FP, Escolas Técnicas…) e atender as necesidades de información e orientación de familias e alumnado. Haberá stands, charlas e talleres aos que poden  asistir os pais libremente.

Dado o interese deste evento, invitamos aos pais/nais do alumnado dos últimos cursos da ESO e bacharelato a visitar o Fórum no seguinte horario:

– xoves 24 de abril: de 10:00 a 14:00 h. Tarde: de 16:00 a 20:00 h.
– venres 25 de abril: de 10:00 a 14:00 h

O xoves 24 pola tarde, haberá conferencias moi interesantes para as familias do alumnado que xá está en idade de elexir o mellor itinerario para o seu futuro.
Lugar: FORUM CARBALLO (Instalacións do Concello de Carballo destinadas á formación ocupacional e continuada e a outras actividades de Promoción Económica e do Emprego).

Para máis información: http://www.forumcarballo.org/
anpafontedavella@hotmail.com   Tlf: 644 32 61 32

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda a ligazón permanente.