Convidámosvos a participar na concentración en contra da LOMCE

A ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís, como membro das ANPAs da Costa da Morte, convidamos a participar na concentración a celebrar na Praza do Concello de Carballo (capital de Bergantiños) ás 19: 30 h. Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciaron en rolda de prensa mobilizacións en contra da aprobación da retrógrada Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A Plataforma fai un chamamento ás nais e pais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo para o 31 de Xaneiro nas  ciudades  como xeito de rexeitar  os plans do goberno galego que elimina o dereito ao ensino público  e de calidade do alumnado, reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa.

Porque estamos en contra da LOMCE?

O 31 de xaneiro mobilízate conta a LOMCE

 

 

Esta entrada foi publicada en Novas, Xeral. Garda a ligazón permanente.