Subvención municipal do ano 2-012

O concello da Laracha outorgou unha subvención de 1.000 euros á ANPA Manuel Murguía do IES Agra de Leborís para o ano 2.012

Esta subvención entra dentro da promoción de actividades educativas, actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de ANPAS ou mesmo polos propios centros educativos. As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Esta subvención permite financiar varias das actividades da nosa asociación actividades extra – escolares que realiza a ANPA. Dentro duns días (remata o prazo a principios de decembro) xustificaremos o gasto realizado e o cumprimento das condicións para posibilitar o cobro da subvención.

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.