17 de outubro: xornada de folga do alumnado contra a LOMCE no IES Agra de Leborís

Na xornada de folga do mércores 17 de outubro a maioría dos alumnos do IES Agra de Leborís deixou de asistir ás clases. Nalgunha das aulas  apenas había tres alumnos. O grupo de bacharelato confeccionou unha pancarta co lema “nova lei de educación: morte
súbita do ensino público”

O 80% alumnado secundou a folga convocada contra os recortes  levados a cabo polo goberno do PP contra o ensino público. Dese xeito, o alumnado rexeitaba o anteproxecto
da chamada lei Wert (LOMCE) polo caracter españolizador, elitista, e privatizador.

Esta reforma contra a educación rebaixará a calidade do ensino, impedindo a igualdade de oportunidades entre o alumnado de estratos sociais con distinto poder adquisitivo, incrementará o fracaso escolar e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.

Esta entrada foi publicada en Novas, Xeral. Garda a ligazón permanente.