Aínda non marchamos e xa estamos outra vez aquí

Adiante  a toda vela cara o comezo dun novo curso escolar.
Houbo temas dabondo na reunión da xunta directiva de onte, martes 11 de setembro: vindeiro proceso asemblear, modificacións que nos atoparemos no curso 2012-2013 que comeza este luns 17 de setembro, informes varios, banco de libros, loita contra os recortes impostos ao ensino público galego, asesoramento ao alumnado, control e informe de contas, financiamento das actividades, comunicacións ás familias do IES Agra de Leborís, consello escolar…
Esta entrada foi publicada en Novas, Xunta directiva. Garda a ligazón permanente.