Arquivos mensuais: Setembro 2010

Resumo do informe que a xunta directiva da ANPA presentou hoxe na Inspección Educativa

Nese informe reiteramos  a necesidade de: –  Manter a liña 4 en toda a ESO do IES Agra de Leborís e, a tal efecto, se cubra a praza de matemáticas necesarias. -Manter a plantilla definitiva do centro para atender a … Sigue lendo

Publicado en Xunta directiva | Comentarios desactivados en Resumo do informe que a xunta directiva da ANPA presentou hoxe na Inspección Educativa

Reunión da Xunta Directiva o luns 27 de setembro

Temos moito traballo por diante e todo ten moito interese. Por iso na Xunta Directiva necesitamos reunirnos acotío. En que estamos traballando agora mesmo? Para sabelo clica en

Publicado en Xunta directiva | Comentarios desactivados en Reunión da Xunta Directiva o luns 27 de setembro

Logotipo da asociación

Presentamos o logotipo da nosa  ANPA. É unha adaptación dun  gravado do artista galego  Luís Seoane onde representa dúas caras (muller/home) que Carlos Fernández Concheiro (profesor e arquitecto) adapta  para a realización do noso logo como representación dunha analoxía de … Sigue lendo

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Logotipo da asociación

Nova Xunta Directiva da ANPA

  Este  xoves 23 de setembro de 2.010 e coa finalidade de elixir unha nova Xunta Directiva da ANPA do IES Agra de Leborís celebrouse unha Asemblea Extraordinaria, onde tamén se puxo en  coñecemento da Asemblea a dimisión da anterior directiva.   Amosouse … Sigue lendo

Publicado en Asemblea, Xunta directiva | Comentarios desactivados en Nova Xunta Directiva da ANPA

Agradecementos

Agora que esta páxina xa está funcionando á perfección, é  tempo de agradecer a axuda prestada polo presidente da  asociación de veciñas e veciños “A Cutareira” da Laracha, Xosé Cotelo Freire (http://www.blogoteca.com/acutareiradalaracha/) e por Eduardo Vázquez Palacios (programador)  na realización deste Blogue.

Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en Agradecementos

A Xunta directiva da ANPA reuniuse coa Inspección Educativa

A comisión xestora, precursora da Xunta Directiva da  ANPA “Manuel Murguía” reunímonos coa inspectora da consellaría de Educación, Elena Menéndez, para exporlle a necesidade de manter a liña 4 no primeiro ciclo da ESO no IES Agra de Leborís. Expuxemos … Sigue lendo

Publicado en Xunta directiva | Comentarios desactivados en A Xunta directiva da ANPA reuniuse coa Inspección Educativa

Novas sobre IES Agra de Leborís

Denuncian que a Xunta fomenta o fracaso escolar no IES Agra de Leborís da Laracha. Clica aquí para ler o artigo.  O Claustro de profesores do I.E.S. Agra de Leborís (A Laracha) tamén quixo expresar o seu rexeitamento ao recorte … Sigue lendo

Publicado en Novas | Comentarios desactivados en Novas sobre IES Agra de Leborís

Asemblea Xeral Extraordinaria

A ANPA “Manuel Murguía” convoca unha Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves 23 de setembro ás 20:30 horas en primeira convocatoria, e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, na casa de cultura da Laracha. Orde do día: Renovación da … Sigue lendo

Publicado en Asemblea | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Extraordinaria