Día das Letras Galegas: A LINGUA e a reflexión de representantes da Cultura Galega

Aproveitando o Día das Letras Galegas, subimos un documentario de Xosé Bocixa onde Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo, 10 voces das actuais letras galegas, reflexionan en alto sobre a situación, pasado e presente do idioma galego no momento actual

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Xeral | Leave a comment

información sobre o acceso á universidade e ciclos formativos

Este ano os estudantes de 2º Bach. do IES Agra de Leborís terán unha información máis ao miúdo sobre o acceso á universidade,  dos itinerarios a escoller ou a superación da proba de acceso. Tamén sobre os ciclos superiores recibirán suficiente información, en caso de optar por  esa alternativa educativa.  Para iso, igual que o ano pasado,  contarán co asesoramento da actual presidenta da ANPA,  Loli Fernández Vázquez,  xefa de sección de intervención na Universidade da Coruña.

A cita terá lugar, na tarde  do luns 19 de maio,  no IES Agra de Leborís, durante os actos a celebrar co  alumnado de bacharelato.

A razón do cambio con respecto ao ano pasado, sobre a metodoloxía a utilizar, é debido a que a información que reciban  pode ser moi distinta á que reciba o alumnado de 2º Bacharelato do vindeiro ano escolar, pois os decretos gubernamentais van producir cambios no sistema educativo, e tamén na universidade. Por iso non se vai falar en xeral para todo o alumnado, senón, que vai, especificamente, para  os que están en 2º Bach. neste ano.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Novas, Xeral | Leave a comment

Apoiamos a folga e as mobilizacións convocadas polos estudantes contra as subas das taxas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que a nosa anpa está integrada, acordou o pasado 25 de abril, entre as medidas a levar a cabo contra o Real Decreto Lei 14/2012, apoiar a folga e as mobilizacións convocadas polas organizacións estudantís e xuvenís para mañá xoves 10 de maio. Co lema “O ensino é un dereito, non un privilexio”  esixiráselle á Xunta de Galiza que non aplique a suba de taxas proposta polo Goberno de Madrid.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Xeral | Leave a comment

Participamos na concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público


Na concentración da Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público, na que participamos varias anpas, denunciouse que as medidas aprobadas polo Goberno central, véñense a sumar aos recortes a aplicados pola Xunta de Galiza  no ensino público. Estas medidas reaccionarias buscan  masificar, aínda máis,  as aulas (incrementar o número de alumnado por aula), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa e eliminar prazas de  profesorado dos centros. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

Ao final da concentración liuse, por parte dos diferentes colectivos que formamos a plataforma o manifesto da Plataforma Galega de Defensa do Ensino Público

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Novas, Xeral | Leave a comment

Asistiremos á concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

O martes, 8  de maio, participaremos na concentración, que se vai realizar na praza Pontevedra da Coruña,  para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego (da que forma parte a nosa asociación) inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012, mal chamado de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.

A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público Galego, constituída en autoconvocatoria o pasado 25 de abril, está integrada por representantes da  comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades.

A plataforma permanece aberta a novas adhesións individuais e colectivas que poden formalizarse no enderezo electrónico http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Novas, Xeral, Xunta directiva | Leave a comment

Reunión da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

A  anpa do IES da Laracha asistiremos á reunión  da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Consideramos que, como a Xunta de Galiza ten competencias plenas no ensino (mentres que o neoliberalismo no termine coa educación pública e voltemos á escola do Ferrado) debemos participar, desde a nosa comarca, nunha plataforma que reivindique o dereito das galegas e galegos a un ensino público, gratuíto e de calidade.

É preciso sumar esforzos nesta loita que sen descanso debemos enfrontar para evitar o deterioro do ensino público.

Por tal motivo convocamos, en réxime de autoconvocatoria, a todas as organizacións e entidades que conformamos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, así como a calquera outra entidade (ANPA, organización estudantil, …) que queira acudir a esta reunión para constituír e botar a andar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público da Coruña.

A reunión terá lugar no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda ás 19 horas do luns 7 de maio:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Olmos, 16-18, 1º
Tlf. 981 200 869
15003 A Coruña

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Novas, Xeral | Leave a comment

A nova camisola nos medios

 

 

 

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Xeral | Leave a comment

Temos camisola nova!

Presentamos este venres a nosa camisola oficial. A autora é unha alumna do instituto, Antía de la Fuente Rey, quen realizou o debuxo  tomando como referencia o cadro impreso na frontal do instituto e o escudo oficial da Laracha.

Aparecen todos os elementos do escudo municipal pero, seguindo unha filosofía artística propia do descontructivismo, á balea do escudo oficial engádenselle os dentes en forma de teclado de piano, as ondas do mar son máis vivas, o castelo ten na lingua a estrela da liberdade e o trigo está en todo o seu esplendor.

As 200 camisetas, de dous tipos (entalladas e rectas) e diversas tallas, estarán expostas no centro escolar e serán entregadas a quen o desexe a prezo de custo (6 euros). Pódense conseguir contactando co alumnado do centro ou a través do correo electrónico do ANPA.
As primeiras foron entregadas como agasallo, este pasado venres 17, aos estudantes que participaron na comparsa no entroido do IES.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Xeral | Leave a comment

A asemblea xeral da ANPA nos medios

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Asemblea | Leave a comment

Asemblea Xeral 10 de febreiro de 2012

Asociación de nais e pais do IES Agra de Leborís

Estimadas familias do IES Agra de Leborís:
Convocámolos á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o venres 10 de febreiro ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, na Casa de Cultura da Laracha, para tratar asuntos do ámbito educativo e información relativa ao traballo desenvolvido até o momento na asociación. Ás 22:00 horas rematará a asemblea.
A orde do día é a seguinte:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Información do número de socias e socios.
3. Vindeiras actividades educativas e extraescolares.
4. Protección de datos.
5. Camisetas da ANPA.
6. Conferencias Universidade e ciclos formativos.
7. Información sobre SAL.
8. Rogos e preguntas.

Aproveitamos esta ocasión para animar a todas as nais e pais a que asistan á reunión para tratar sobre asuntos que poden afectar á educación das nosas fillas e fillos.
Contando coa súa asistencia, reciban un atento saúdo.

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Asemblea | Leave a comment